Fai exactamente dous anos, estaba matriculando ao meu pequeniño na Escola Infantil As Pontiñas de Lalín.

Foron moitas as emocións que tivemos toda a familia porque para él era un ambiente totalmente novo.

Os seus profes naquel entón eran Alba e Álex. Os dous coidáronno un montón porque era un dos máis noviños.

En marzo do 2020 tivemos que deixar a escola polo COVID ata setembro.

En setembro volvemos empezar de cero porque perderan o costume de estar alí, pero adaptáronse enseguidiña ó seu entorno.

Esta carta é para agradecer a todos estas traballadoras e traballadores, dende os da cociña, ós que coidaban deles, os educadores, os directores, todos teñen un mérito enorme ó coidar de personiñas tan distintas pero que saben moi ben compensar eses coidados con bicos e abrazos aínda que sexa con mascarilla.

Para nós, os pais, foi un placer ter ó noso neno na súa compaña, xa eran da familia porque anos antes fóra o seu irmán tamén á mesma escola. Grazas, grazas e mil grazas.

Agora toca empezar unha nova etapa educacional no cole, pero todo o que leva na súa cabeciña e no seu corazón nadie llo vai quitar.