No campo do coñecemento podíamos dicir algo dun movemento filosófico que aparece no século XIX da man do francés Comte e outros. Chámase positivismo ( a partir de positivo, do latín positivus –a– um “certo”, “convencional”. É unha corrente filosófica caracterizada por adoptar en xeral unha actitude científica e antimetafísica, confiando plenamente na humanidade e no seu progreso indefinido. Por iso considérase que a filosofía tradicional, entendida principalmente como metafísica ou coñecemento especulativa sen necesidade da comprobación empírica, debe substituírse por outra que teña como único obxectivo entender a natureza e os métodos das ciencias. Se queremos facer un pouco de esforzo en asociar conceptos despois do entendemento filosófico descrito, podiamos falar de qué se trata cando pensamos en positivo. Pensar en positivo quere dicir adoptar unha actitude mental na que esperas resultados bos e favorables. Ser positivo non significa sorrir ou estar contento. Este concepto trata a perspectiva xeral da vida da súa tendencia en concentrarse no bo da nosa existencia.

Un e o outro son conceptos de certa maneira opostos. Sen embargo quixen definilos un pouco para de cada un coller aquilo que pode interesar, segundo o meu parecer, para xestionar as nosas vidas.

Por unha parte o tratamento tan empírico das cousas fai a vida demasiado fría e por outra o pensamento tan positivo sáese fora moitas veces da realidade. Pero penso que podemos sacar partido dos dous. Se vemos as cousas con optimismo pero poñendo os pés na terra logríamos unha combinación perfecta.

A teoría do positivismo queda alá polo século XIX. O pensamento positivo está moi de moda hoxe en día. Penso que se está explotando bastante. Hai charlas, conferencias, libros...; que tratan de movernos as mentes. O ideal sería coller dos dous un pouco. Os extremos nunca foron bos. “In medio est virtus” ( no medio está a virtude), dicía o filósofo.