Pandemia ven do grego pan (‘todo’), demos (‘pobo’), mais o sufixo ía (‘cualidade’), polo que significa que está en todos os pobos. Aparecen as palabras relacionadas, endemia, epidemia que queren dicir en e sobre o pobo. A través da historia foi habendo varias pandemias.

A peste de Atenas no 430 a.C., posiblemente a febre tifoide, que se produciu pola domesticación de animais, durou catro anos e faleceu a cuarta parte da poboación e tamén das tropas. A peste Antonina, 165-180, posiblemente a varicela, foi levada á península itálica polos soldados que volvían de oriente; matou a cinco millóns de persoas. A peste de Xustiniano, de 541 a 750, foi o primeiro rexistro da peste bubónica; causou un descenso da poboación europea do 50%. A peste negra, de 1347 a 1453; o número total de mortos estímase en 75 millóns. A terceira praga pandémica comezou na China en 1855 e estendeuse pola India, onde morreron dez millóns de persoas. A partir do século XIX estendeuse o cólera que matou decenas de millóns de persoas.

Entre 1918 e 1919 chegou a gripe española, que infectou a un terzo da poboación mundial e puido matar a 50 millóns de persoas. E despois de cen anos estamos con outra, o COVID 19.

Na actualidade segue habendo brotes de epidemias, sobre todo nos países do terceiro mundo, que causan unha taxa alta de mortalidade.

E despois de todo isto que nos quere lembrar a historia e diante do que temos, xa vai sendo hora de que prestemos atención ó que interesa de verdade, a nosa aprendizaxe. A historia nos quere ensinar, pero nós non queremos aprender. Estamos esperando que acabe a última peste para volver ás andadas, e, ¡Viva la Pepa!

O dito que o home é o animal que tropeza máis veces no mesmo sitio ten bastante que ver neste caso. Só nos acordamos da Santa Bárbara cando trona...

Se valoraramos a investigación e a sanidade como é debido, non estarían a pasar estas cousas. Os votos que lles damos ós políticos deben ir dirixidos a unha inversión con gran prioridade nesas dúas institucións para lograr unha calidade de vida no mundo.

Hai tamén medidas preventivas que se deben tomar aínda que non sexan a veces moito do noso agrado. As que hai nesta pandemia me temo que cando se quiten nos vamos a desbocar sen límite. Penso que algunhas debían quedar para sempre, como usar máscaras en determinados espazos, fomentar a hixiene, limitar os aforos para evitar masificacións, respectar os horarios... Pois más alá das tres da madrugada non debían estar abertos os sitios de ocio. Estamos mal acostumados. O progreso ten que ter moderación e sentidiño...