É incrible o que sucedeu coas viaxes de fin de curso e por desgraza non só en Mallorca, por certo onde foron os reis do botellón e das festas diúrnas e nocturnas. Para iso foron moi responsables, con todo cando foron confinados choraban e algúns pedían liberdade. Que vergoña de mocidade.

O máis grave foi ver aos pais nos medios de comunicación pedindo xustiza e liberdade para os seus fillos. Está claro que son tan irresponsables como eles.

En plena pandemia irse de festa de fin de curso é algo surrealista porque se o fixeron foi grazas ós seus pais, xa que eles sen a axuda económica dos mesmos non o poderían facer.

Agora chegan os resultados. Desde San Xoan ata o día de hoxe os positivos de COVID en España disparáronse.

E isto non fixo máis que empezar. Mal imos se os pais son menos irresponsables que os seus fillos. Unha vergoña. O dano non só fanllo a eles, xa que pode afectar a todas as súas familias e amigos/as.

O virus segue aí, e o variante delta que, por certo, Fernando Simón dixo que en España pasaría de longo, ou en todo caso podería haber algún que outro caso puntual. O doutor Simón non dá unha.