“Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía:/ ai, que soliña quedache, María Soliña./ Nos areales de Cangas, muros de noite se erguían:/ ai, que soliña quedache, María Soliña./ As ondas do mar de Cangas acedos ecos traguían:/ ai, que soliña quedache, María Soliña./ As gaivotas sobre Cangas soños de medo tecían:/ ai, que soliña quedache, María Soliña./ Baixo os tellados de Cangas anda un terror de auga fría:/ ai, que soliña quedache, María Soliña” (Celso Emilio Ferreiro, “María Soliña").

Unha das poucas figuras que aniñan na memoria popular dun pobo é a de María Soliña na vila de Cangas do Morrazo. Máis, no somentes naquela vila, a historia daquela muller, traspasóu fronteiras, de tal xeito que inspiróu fermosos poemas (Celso Emilio Ferreiro), obra de teatro (Xosé Manuel Pazos), cine (Ignacio Vilar), música (Carlos Núñez) e agora vénse de anunzar a súa historia nun formato de ópera folk galega, para os vindeiros oito e nove de maio na vila de Cangas, “María Soliña. Opera nun acto”, de Nacho Mañá.

O debandito anunzo fiixome lembar aquela historia dunha muller víctima do Santo Oficio da Inquisición e da rapiña dunhos nobres para desposuila de todos os seus bens. A historia remóntase ata a primeira mitade do século XVII. Corsarios turcos-berberiscos asolaban a ría de Vigo. Non pudendo atracar en Vigo, pola forte oposición presentada das forzas viguesas, arrasaron a vila de Cangas, deixando mortos na praia. Unhos dos mortos foron Antonio Soliño e Pedro Barba, irmán e marido, respectivamente, de María Soliño. Aquelo afundiu a María nunha forte depresión. Cada noite percorría a praia esperando que as ondas lle falasen lembrando a os seus seres queridos. Estas visitas a beira do mar foron causa dabondo para acusala de facer bruxería. Foi rea de darlle a súa ialma a Satanás, e de posuir poderes maléficos para orixinar os mais terribles males. Sometida as mais crueles torturas físicas e síquicas, ata obrigala a confesar ser bruxa dende máis de dúas décadas, chegando afirmar de ter mantido tratos carnáis con mesmo demonio. Axiña, foi desposuída de todos os seus bens en pro dunha covizosa nobreza e a Igrexa, e condeada a 6 meses de levar, coma dutribio, o hábito de penitente.

Porque esta historia o merece, desexolle ao elenco operístico o maior éxito posible: a Carmen Durán, soprano; Antonio Alonso, baIxo; José Bustamente, tenor; e Christian Gil-Borreli, pola posta en escea. Eu, orfo da musa, eu adicaríalle a María Soliña, aquelas estrofas do poema de Curros Enríquez a Rosalía de Castro: “Do mar pola area/ miréina pasar/ na fronte unha estrela/ no bico un cantar./ E vina tan sola/ na noite sin fín/ ¡que inda recei pola probe da tola/ eu, que non teña que rece por mín”. Ai, María Soliña non quedache soliña, estás na compaña do imaxinario dun pobo, nas poéticas estrofas, nos libretos dos teatros e das óperas.