Hoxe canto mellor que onte e peor que mañá
Vicente R. Abeijón
A pandemia e o subsecuente confinamento puxeron de relevo cantidade de aspectos e situacións da vida que xa estaban aí “daquela maneira”, pero sen que nos decatáramos especialmente deles. Quérome referir á temática músico-coral.
Chegou a pandemia e segue a pandemia, e nos interregnos entre rebrote e rebrote, os coros, que estiveron submersos na hibernación do confinamento, saen á superficie, vense, ensaian un bocadiño, saen a cantar.
Hai grupos nos que seguen os mesmos componentes, manteñen a calidade, aprenderon a cantar con máscara; outros están “capitidiminuídos”, pero seguen loitando con ansia para tratar de manterse a punto, o que é digno de loanza. Os demais agardan mellores tempos para poder saír.
Pero houbo directivas que ao veren “o seu coro” tan mermado reaccionaron moi mal ante esa nova situación e promoveron unha campaña supertóxica de descualificación contra quen non debían.
CODA.- Algún centro quixo “resucitar” o seu grupo, pero o resultado foi que, “de facto”, ferírono de morte polo seu malfacer con contumacia incluída. Para acadar os seus propósitos contaron con “xente boa e xenerosa” (faltaría máis!), pero tamén quixeron contar, adrede, con xente moi problemática que xa deixara o coro e con algúns coristas que seguen dentro, pero que deberían estár fóra. Nese contubernio xulgaron (¿?) in absentia, por non permitirlle estar presente, a quen durante tanto tempo intentou abrirlles camiños e horizontes a través da música.
Vos, quoque, supostos amigos seus que, así mesmo, estabades alí, non actuastes como bombeiros para tratar de conter as chamas, senón (“Alas!”, que pena) Como fervorosos incendiarios…, claro está, con nomes e apelidos para a historia.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- Turistas maleducados
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados