Velaí o árbore das follas do verde abril que resiste e reverdece na rúa Pardo de Cela como se quisera semellarse a fortaleza da Frouxeira, sobrevive como os vagalumes no río dos Gafos,como a chorima dos toxos que enchen de cór os nosos montes a flor de Rosalía nosa poeta, como volvoretas nos campos de mapoulas e lirios, como o rio que ainda teñen soterrado sen luz nin vida. O Olmo como unha bandeira verde vexetal da natureza que sobrevive nos vieiros de polución e cemento pese ao abandono e desidia de quen ten a obriga de protexelo, un faro de luz guieiro de peregrinos e acubillo de paxaros e orgullo de todos os que queren e aprecian a beleza con que nos agasalla a natureza.

Nadie fixo caso dos veciños cando alertaron do deterioro do Olmo e pedian unha poda axeitada e un tratamento para os seus males ,os tecnicos estaban noutra cousa tratando e podando as árbores do centro que son os que se ven, os dos barrios non importa ainda que como dixo un vello dos que levan a sabedoría nas enrugas do rostro casi que foi millor que non lle tocaran os xardiñeiros de despacho pois igual o desgraciaban e tiñan que talalo que e o que en principio querían cando se remodelou a rúa,como xá fixeran co Laranxo que dou nome a unha rua e que talaron cando a remodelacion e nón volveron a prantar outro pese ca rua ainda leva o nome da árbore e queriano os veciños.

Soio a tenrura e agarimo dos veciños que coidaron o olmo como poideron e retiraronlle os arames que lle puxeron como se dun poste de luz se tratase eo afogaba e ca forza e xermolar da primavera foi quen de renacer e agromar con forza para alegría de todos os que saben valorar un agasallo da natureza como son as árbores da nosa contorna e que soio nos acordamos deles cando xa nón están a noso carón. As árbores forman parte do patrimonio biolóxico e social da humanidade.

Tamén a vella oliveira da Praza de España resiste ainda ca teñen como se foxe unha cafeteria e a utilizan de asento para tomar o cafe e verten os pousos e as sobras e vasos de plásticos nel. Bastou que os veciños saíran na sua axuda e pediran que a trasplantaxen a un lugar mais acorde e que non estea engaiolada para ca que a teñan alí coma un castigo.

Nadie entende que mal poido facer esa oliveira para nón ter perdon, malia que sexa unha venganza por os veciños apiadarse dela escribindo no seu maceteiro e denunciando na prensa o trato que recibe a cotío a árbore de follas de prata.