Hai xa máis dun ano que estamos a sufrir a COVID-19; con todo, a clase política segue ao seu. Buscan a forma de conseguir máis poder e en unha rifa constante entre eles non hai diferenza entre os mesmos. Basta ver un día o que sucede no Congreso dos Deputados, onde a crispación é a que manda.

Non teñen vergoña.

Aínda que é certo que a oposición nunca foi tan hostil e agresiva, non é menos certo que no Goberno de coalición as rifas son constantes. Mentres o pobo segue padecendo as consecuencias da pandemia, hai medo. E como as secuelas que isto trae, só sábeas o pobo, cada día sente máis abandonado polos políticos de quenda.

Eles seguen ao seu, con mocións de censura alí onde poden, coa intención de acaparar máis poder. En Catalunya, as eleccións non deixaron un panorama claro, así que seguirá a festa: con algúns políticos que seguirán botando leña ao lume, no canto de tentar solucionar dunha vez por todas o problema que teñen. O certo é que desde hai un ano a vida cambiou para todos e agora que as vacinas dábannos un pouco de esperanza, xorden máis problemas. Non poden seguir así, un par de meses de liberdade e logo encerrados en casa de novo, a este paso podemos acabar todos no psiquiátrico.