Na páxina 11 de Faro de Vigo do día 19 xaneiro 2021 e asinada por “Redacción” figura unha nova: “Familiares de fusilados en 1936 unen sus querellas a la causa abierta en Argentina”.

Descendientes de Alexandre Bóveda, Amancio Caamaño y Ramiro Paz presentan en el consulado de ese país en Vigo querellas por los asesinatos del franquismo.

Estas familias e outras arredor de seis mil en Galicia seguen/seguimos sendo vítimas da impunidade. Todos os fusilados despois dun xuízo sumario, é un Crime contra a Humanidade e o mesmo aos que se deu en chamar, eufemísticamente, (paseados). Tanto na ditadura como na democracia estes asasinatos atribuíanse á Guerra Civil, e así enmascarábanse a asasinos e colaboradores (En la guerra matan unos y matan otros). Esta era unha das matracas para xustificar as mortes violentas e o sometimento das familias e da sociedade polo horror causado.

En Galicia non houbo guerra; só asasinatos selectivos. Das consignas do xeneral Emilio Mola para o golpe recollo dúas tiradas do libro “El Holocausto Español” :do historiador inglés Paul Preston: as máis estarrecedoras que aínda hoxe me causan arrepíos (Hay que sembrar el terror, tenemos que crear un clima de dominación, eliminando sin escrúpulos ni vacilación a todos los que no piensan como nosotros).

-Todos los defensores del Frente Popular conocidos o escondidos deben ser fusilados) -Por que mataron a papá?

-Quen o matou?

Estas foron as preguntas que lle fixen á miña nai despois de que un rapaz me dixera que a meu pai o mataran: laios, bágoas e desespero foron as respostas. Aquí non cabe aquel escenario.

Diante disto pode haber varias opinións algunhas insultantes, outras de desprezo, outras de connivencia, algunas de comprensión e apoio.

En ningunha nación europea e quizais mundial se chegou a semellantes episodios de terror sin ser recoñecidas as vitimas. España é o país que asombra á Europa e ás Nacións Unidas.

O Departamento de Dereitos Humanos da ONU ven traballando sistemáticamente no que denominan “El caso Español de Impunidad”.

Na Asamblea Xeral da ONU celebrada en setembro do 2014 na Sede da ONU en Nova Iork, o Relator Especial para os Dereitos Humanos, Pablo de Greiff, deu lectura da denuncia presentada contra España polos incumplimentos sistemáticos dos Dereitos Humanos .

Magoa moito escoitar as autoridades falar da Constitución, e reafirman as frases como convencidos que están á dicir a verdade. Minten, obvian o artigo 10 .Fáltannos aun dereito fundamental “Dignidade”. Familias de toda España seguen buscando onde pode estar soterrado o seu devanceiro. Podemos testificalo.

E outras familias achegarnos a “causa aberta en Arxentina”

Lamentable!