“O sabio fala porque debe dicir algo; o parvo porque lle gusta dicir algo” (Ángel Ganivet).

Aconteceu no programa da Cadena Ser, “Hora 25”, no pasado martes. Entrevistaba Pepa Bueno a Cuca Gamarra, portavoz do Partido Popular no Congreso. Coñecido é que o devandito partido critica os Presupostos Xerais do Estado presentados no Congreso polo Goberno, xa que os ditos presupostos teñen unha marcada tendencia comunista. A locutora preguntoulle á invitada: “Qué medidas dos presupostos paréncelle comunistas ao Partido Popular?” Axiña, a resposta da personaxe política: “Efectivamente, hai comunistas. Non temos que olvidar que no eido destes presupostos vai unha negociación co obxectivo de intervir os alugueres e, polo tanto, de intervir do que é o eido da propiedade privada”. Pepa Bueno replícalle: “Iso estase facendo en Berlín. E Berlín non é comunista que saibamos”. A réplica descoloca á entrevistada que, para defenderse, sentenza: “Máis, vexa vostede, Podemos si que é comunista.”

Non somentes en Berlín, noutros lugares do mundo, alonxados de calquera política comunista, regulan de algún xeito os prezos máximos dos alugueres. Podemos falar nos estados federales de Oregón, New York, California en EE UU; Portugal, Alemania, moitos concellos en Italia, ou en Viena. Agora ben, xa que se di en chamar coma constitucionalista o partido ao que representa a señora Cuca Gamarra, non estaría de máis lembrarlle certos artigos da Carta Magna. “Todos os españois teñen dereito a disfrutar dunha vivenda digna é axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e ditarán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, planeando o uso do solo, de acordo co interés xeral para impedir a especulación” (Art. 47). Pola outra banda, no artigo 128.1 se prescribe: “Toda a riqueza do país nas súas distintas formas e sexa cal sexa a súa lexitimidade estará subordinada ao interés xeral”. Unha prioridade do interese xeral é reducir os 1,4 millóns de españoles no risco da pobreza no 2020.

Houbo unha desmedida especulación do solo, que trouxo coma consecuencia uns prezos cáseque impagables dos alugueres na pasada crise económica e, agora agravada pola pandemia vírica. Feitos que alonxan a que moitísimas familias poidan acadar alugar unha vivenda digna. Durante os gobernos do PP liberalizouse o solo e levouse a cabo unha reforma laboral. Todo un cóctel que impediu, e impide hoxe, calquera alugueiro do acordo cos salarios.

Ironías da vida! Os herdeiros do franquismo amosan esquecer que aquela dictadura de férreo anticomunismo promoveu a intervención dos alugueres, a derradeira no 1964, que perdurou ata 1992: conxelación das rendas chamadas libres e limitacións de prezos nas VPO, foran de promoción pública ou privada. Tiveron que ser os agora socios dos “comunistas” que actualizaran os alugueres conxelados, segundo os SMI da unidade familiar e dar paso á liberalización das rendas nos novos contratos. Amarra ben o que dis, Gamarra, antes de falar.