Á miña amiga Juani. Juani foise e unha gran dor deixa no meu corazón. Eramos amigas e compartimos a nosa amizade con outros docentes do CEIP García Barbón, en especial con Efrén, Marisa e Graciela. Xuntabámonos de cando en vez a tomar un café. Juani sempre tomaba un corto de cerveza, ela que sabía moito de dietética sempre dicía que era o máis sano. Eramos un grupo que nos queriamos moito e desfrutabamos das nosas conversas e da nosa amizade. Juani era moi galeguista e sabía moitas historias de Galicia. O que levaba mal era o Halloween, pois dicía que eclipsaba o noso Samaín, e con razón.

Traballei con ela no CEIP García Barbón, era moi boa compañeira e coincidimos moito dende o punto de vista docente. Ela quería acercar a natureza á escola e fixo una horta escolar e compost. Tiñamos gusanos de seda. Ela levaba a horta dende os máis pequenos ata os maiores para que visen todo o proceso. E buscou nunha ocasión a un artesán oleiro que traballaba o barro. Todo isto encantabanos a Juani e a min. Ademáis de boa amiga foi moi boa docente. Os nenos queríana moito porque era moi cercana e cariñosa. Cando eu tiven un ictus visitábame con moita frecuencia mailos dous amigos Graciela e Efrén.

Quería adicarlle tódalas verbas a esta boa amiga que estea onde estea desexo que sexa feliz se iso é posible. No meu corazón sempre estará ela e a súa familia.

Querémoste Juani.