Tratantes de vellos
M.ª Francisca Rodríguez CabanasFerrol
Ó igual que moitos galegos, os 600 euros mensuais que cobro da agraria non me chegan para unha plaza nunha residencia de vellos. Fan falla sobre 2.000. Eso é froito das políticas sociais de xente coma Núñez Feijóo e Beatriz Mato. Co seu afán privatizador (externalizar din eles) conseguiron que, durante esta pandemia, moitos dos nosos maiores pasaran un final da súa vida amargo como nunca imaxinaron. Os xeriátricos que a Xunta de Galicia vendeu a empresarios amigos e fondos de inversión son auténticas rateiras donde se amorean residentes sen distinción de mortos ou vivos. E iso a pesar dos esforzos dun persoal, desbordado e en precario (es el mercado amigo), que fai o imposible para que as últimas horas dos nosos anciáns non sexan un auténtico filme de terror.
Na imaxe da ignonimia queda a Xunta de Galicia premiando a Josefina Fernández, máxima responsable de DomusVi. Ou o PP defendendo (e manténdolle a medalla Castelao) a Benigno Moure, presidente da Fundación San Rosendo, condeado a 5 anos de cadea por quedarse con 573.673 euros e 60 propiedades dunha residente con alzhéimer.
Botaranlle a culpa ó coronavirus pero a vida da xente que levantou o país e nos legou todo o que temos non pode deixarse nas mans de fondos buitre. Os seus coidados e atencións non poden ser un negocio.
Se queren gañar cartos que fagan como Beatriz Mato, que acaba de fichar por Grenalia. Unha empresa de biomasa que xestiona o refugallo do monte. Experiencia tena. Leva toda a súa traxectoria política convertindo as vidas de nenos con problemas e personas anciáns en auténtico refugallo.
- Marisco de Canadá, Portugal y Marruecos devuelve el producto gallego de la lonja al mar: «Hay gente que lo vende como si fuese de aquí»
- Condenan a un supermercado a indemnizar a 76 trabajadores gallegos por practicar «esquirolaje organizativo» durante una huelga
- Toralla prohíbe los pisos turísticos antes de la apertura de la isla a Vigo
- Oceanográficos tiran «cientos de kilos» de pescado al mar por el veto al quiñón
- Augas alerta al Concello ante el «riesgo de desabastecimiento de más de 400.000 personas» en Vigo
- El Concello de Vilagarcía cierra de manera cautelar un pub de la zona TIR
- La alta demanda para retirar el amianto de construcciones eleva meses la espera
- La Xunta mantiene en el aire el disuasorio planeado en la autovía