Os agricultores por fin rebentaron, despois de aguantar durante anos prezos de miseria, aos seus produtos, mentres os intermediarios e as grandes multinacionais, benefícianse unha e outra vez, e multiplican as súas ganancias.

Chamoume moito a atención as manifestacións que fixo Yolanda Díaz (ministra de Traballo), así como Pablo Iglesias (vicepresidente segundo, creo, son tantos/as que non lembro o número), animando aos agricultores, a que aperten, no canto de buscar solucións a este agora mesmo grave problema, menos mal que están nun goberno de coalición, xa que pola forma de actuar máis ben parece un goberno de coacción. Aínda non levamos dous meses de goberno e isto ponse pero que moi mal, se non buscan unha solución a este problema, as consecuencias serán imprevisibles, quizais Sánchez tería que ver o que está a pasar en Francia cos chalecos amarelos. Por non falar das concesións a "Catalunya e a Euskadi", como dixo hoxe o meu querido amigo e veciño, Valeriano Martínez García, (conselleiro de Facenda na Xunta de Galicia), parece que en España hai comunidades de primeira e de segunda, a pesar de que as miñas ideas están a anos luz das súas, nisto doulle toda a a razón do mundo. E é que é unha clara discriminación o que agora mesmo están a facer dende Madrid , ás demais comunidades , como dicía Castelao, mexan por nós e temos que dicir que chove.