Cando empezou o movemento 15M, tamén coñecido como movemento dos indignados, durante estas protestas (2011-2015 ), e coa xente farta do bipartito (PP-PSOE), xa que era un quitate ti para poñerme eu, dende sempre.

De súpeto e aproveitando o hartazgo da xente formáronse varios partidos novos e algúns deles xuntáronse, formando Podemos, a gran esperanza xa que sobre todo desde que gobernou Zapatero e logo Rajoy viviuse unha enorme crise, aínda que moitos lle chamamos estafa. O certo e que Podemos presentouse ás eleccións europeas e sacou cinco deputados e só con catro meses como partido .

A historia segue con eleccións autonómicas e municipais de 2015 onde os círculos foron un auténtico caos, sobre todo a nivel municipal. O certo é que a pesar de que puido gobernar con Sánchez en varias ocasións como todos sabemos, a falta de madurez e o seu ego traizoárono; aínda lembro aquel día en que Sánchez estaba a falar co Xefe de Estado e Pablo xa repartía postos, ministerios de todo grazas, como din os chatarreros, que van polas rúas para coller chatarra cunha furgoneta. Non fai falta lembrar que dos fundadores só queda el e Monedero, aínda que hai que recoñecer que algúns xornalistas que seguramente fixeron a carreira na Rey Juan Carlos axudaron ao desastre que se lle vén encima.

E así está a cousa agora, Pablo non di nin esta boca é miña, para unha vez que pode ser vicepresidente, ERC igual lle chafa o plan, desde logo Rufián é non ten corazón, que mala xente.

Se hai novas eleccións todos deben dimitir e non cobrar, mentres non haxa goberno se teñen un pouco de vergoña.