Acabo de ler unha nova na que se di que o concello de Santiago é o quinto do Estado que veta as vivendas de uso turístico no seu municipio, o que me produce unha fonda satisfacción, xa que este tipo de vivendas constitúen un perigo para as comunidades de propietarios, polo máis que probable atentado á paz e á convivencia das mesmas.

¿Qué é unha vivenda de uso turístico? Pois, nin máis nin menos que converter un piso nunha especie de hotel ou pensión, polo que van desfilar ó longo do ano unha chea de "inquilinos" que a quen únicamente benefician é ó propietario do mesmo permitíndolle a máxima especulación.

¿Pero quén son os prexudicados? Pois os residentes que van ter que aturar molestias e incomodidades sin fin e perturbacións de todo tipo que afectan á súa vida cotiá xa que a ninguén se lle escapa, que o seren "aves de paso", xente que veñen en viaxes de ocio, non lles importe complicarlles a vida ós habitantes do edificio.

É polo que me gustaría que tamén o noso concello, o Concello de Vigo, seguira o exemplo do compostelán e se unira á tendencia de prohibir esta modalidade especulativa como é a das vivendas de uso turístico nas comunidades de propietarios. Así que lle pediría ó noso alcalde que nos dea esa ledicia ós propietarios, que despois de pagar os nosos impostos á Comunidade, ó Estado e tamén, cómo non, ó propio Concello, temos todolo dereito a disfrutar en paz e tranquilidade das nosas propiedades sen sobresaltos.

Hai unha lei da Xunta de Galicia que permite blindarse ós propietarios contra este tipo de alquileres especulativos convocando unha reunión da comunidade sempre que se acadan un mínimo dos tres quintos do número dos comuneiros e das súas cuotas de participación. Pero non cabe dúbida que moitas veces non será doado acadar esa proporcionalidade.

Por eso, no meu nome e seguramente de moitos máis preocupados por este tema, diríxome ó señor Caballero, alcalde de Vigo, que tanto presume, e con razón, de coidar dos nosos intereses, que nos dea a satisfacción de prohibir en todo o concello olívico os alquileres das chamadas vivendas de uso turístico nas comunidades de propietarios para loitar contra esta lacra que debería estar reservada únicamente ós locais de restauración e similares.