Se nos paramos a observar o que pasou con estes dous políticos quítanlle as ganas de ir votar á maioría da xente, conste que aínda que o título desta reflexión nomeo a estes dous, o certo é que os líderes de tódos os partidos deste país deixan moito que desexar. Estes días vexo nas redes sociais a moitísima xente queixarse sorprendida polo gran auxe da extrema dereita, a verdade é que se miraba vir como xa dixen nun artigo publicado hai uns días (antes do 10-N) en varios medios de comunicación, "Os disturbios en Catalunya serán o novo C.I.S.". Desgraciadamente así foi, e a culpa é en gran parte do problema en Catalunya influíu moito o gran cabreo e cansazo que ten a xente, ao ver a gran falta de responsabilidade da maioría dos líderes dos grandes partidos, cada vez menos grandes.

Penso que ese abrazo que se deron Pedro e Pablo só é un brinde ao sol, un intento de xustificar o que en realidade quere Pedro Sánchez e non outra cousa máis que un gran pacto PSOE-PP.

Os chamados de PSOE están nerviosos e saen pedindo a berros o pacto co PP, non hai máis que ver ao Sr. Felipe González, está que trina o home. A peor parte, dende o meu punto de vista, lévaa o Sr. Pablo Iglesias, onde dixo digo, agora non lembra se dixo Diego, só que dixo algo, como "nos puxemos de acordo, en poñernos de acordo, como declarou, hai unhos meses, xa me lembra a M.Rajoy "Un vaso es un vaso... sí quieres grano Aitor dejame tu tractor, etc..".

Mentres Sánchez, que durante a campaña e as eleccións quedou máis só que a unha e era unha diana para tódolos partidos mesmo o seu agora socio, foi quizais un dos máis críticos nos debates. Pase o que pase, unha cousa está clara, haberá un Goberno, non poden permitirse ir a outras eleccións, haberá un Goberno, e si, ERC non entra neste, entón será "PSOE+PP", e se se abstén, quedará como un traidor para os Torra Boys (C.D.R.), Rufián teno cru, aínda que os que o teñen máis cru somos os cidadáns/ás que vivimos neste país.