Que se lembra?
Xosé Santos Ourense
Cúmprense 2 anos dos incendios de outubro de 2017, non é preciso alongarse en moitas explicacións, mais si que é preciso ollar a historia máis recente do acontecido nos nosos montes e ecosistemas forestais. A realidade é unha ringleira de estragos, centos de montes e serras calcinadas, desfeita, morte e mágoa polo perdido e tristemente esquecido.
Outono de 2017, miles de hectáreas arrasadas, lumes procedentes de Portugal! promesas de análises, promesas de cambios, 4 mortos...quen se lembra?
2006, fai 13 anos, repetición do mesmo con miles de hectáreas calcinadas (77.000 Xunta de Galicia,
86.033 Goberno do Estado español, 88.000 Comisión europea 92.058 CSIC e 175.000 hetáreas o PP) nin contando superficie son capaces de porse dacordo.
Declaración de boas intencións, creación dunha comisión de estudo, 4 mortos centos de millóns de euros en perdas...quen se lembra?
1989, o conxunto de Galicia convertida nunha pira incendiaria (187.696 hectáreas arrasadas o 43% do total estatal, 8.343 incendios. Só o incendio de Carnota queimou máis de 5.000 hectáreas).
Varios mortos un deles Miguel Ángel, axente forestal que perdeu a vida nun incendio na Serra do Xurés. Promesa de mudar as políticas, non podemos seguir polo mesmo camiño...Quen se lembra? 2019, non foi de todo mal e alegrámonos mais reflexionemos: gastamos uns 170 millóns de euros en extinción (1.000 millóns no conxunto do Estado) arderon ecosistemas de gran valor, na primaveira no Barbanza, ao longo do verán Terra de Lemos, serras do Xurés, Queixa...4 persoas falecidas atrapadas polas queimas de restos forestais ou agrícolas. Os traballos de prevención comezaron a facerse a finais de setembro, o camiño das políticas de prevención-extinción son sinaladas por 7 expertos nombrados polo Parlamento de Galicia, non se ten en consideración a opinión do Consello Forestal de Galicia nin aos representantes sociais do país.
"A loucura é seguir facendo sempre o mesmo e agardar resultados diferentes" (Albert Esinstein). Seguimos sen analizar os erros do pasado, seguimos sen solucións integrais e integradoras, seguimos estragando o noso futuro e o das xeracións vindeiras. Nin xiquera cumprimos co lexislado, nin restauramos-recuperamos os ecosistemas calcinados (artigos 64 e 65 da Lei 7/2012, de montes de Galicia).
Unha política forestal na mán de "cataventos" cunha viaxe deseñada que non leva a ningunha parte
Xosé Santos Ourense
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- Aceleran los proyectos más esperados: centro de mayores de Amancio Ortega, O Posío y el gran parque y piscinas de Ponte Canedo
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- «Éxito» en la huelga del sector textil en Galicia para impedir el avance de un posible convenio estatal
- Renfe lanza su «Plan Galicia 2026» con los Avril: será la primera vez que añada trenes en el Eje Atlántico entre Vigo y A Coruña desde 2015
- La Xunta acomete el mayor movimiento de personal de su historia: 3.200 empleados públicos cambian de puesto, el 12 por ciento de toda la plantilla