A illa queda lonxe de ti. Mellor baixo a ponte de Noruega que sobre as ruinas do estado fallido en Sudán. Chegarás a Lampedusa para esquecer a fame que non cesa no Sahel. Recollerante voluntarios en guerra contra o muro invisible. A guerra seguirá sendo a dona do Congo e 25 países máis. Tes a promesa de topar unha ponte segura en Noruega. Os nenos seguen a ter a esperanza de vida dunha bolboreta que non voa en Níger. Xa te están facendo un recoñecimento na illa. A sida ainda non ten nome nas fronteiras artificiáis de África. Etiopía ten que vender café de balde e as montañas de cacao fuxen en barcos anónimos sen gran retorno económico. Comer é caro e inviable en Uganda. Vender diamantes só custa vidas alleas. Pode que te otorguen unha ponte escandinava para durmir. Ninguén tentará equilibrar a desfeita deseñada no corazón de África.