En 1875 un inglés decide non pasar máis sede en Vigo e funda a cervexa "Mr Hyde". Nos vinte topan uns pozos cheos de auga en García Barbón. Saen na percura dun arquitecto que non para de facer edificios senlleiros. Gómez Román idea a factoría nobre, A Barxa. Pronto as cervexas Cruz Blanca e La Austriaca son degustados dende Cádiz a Bilbao, pasando por Talavera de la Reina. Dominando o mercado español. Cubrindo toda a transición aparece a cervexa Skol, voz norueguesa que ven significando "saúde". Saúde en todas as festas. Eu aínda estaba na idade de misturar gaseosa e cervexa. Contan os entendidos que a Skol era unha cervexa moi saborosa. Chegou a ter un equipo de baloncesto de certo éxito. Pero Michael Jordan nunca puido ver cumprido o seu soño de xogar no Skol Vigo e comer marisco a diario. Cousas. O certo é que ahora bótase en falla unha cervexa de Vigo. Non será por auga. Xa hai varias cervexas artesás dando guerra. Sorte e sáude á cervexa.