Lin con interese o artigo de Alberte Reboreda no Faro de Vigo do xoves 18 de xullo, no que se desliza un pequeno erro.

Se ben é certo que o meu traballo sobre os "Muíños do Xabriña" limítase ao estudo dos muíños fariñeiros, non o é que "O Muíño Papeleiro da Ponte Dornes tamén está ausente do traballo publicado por Gonzalo Pagán en 2003".

Só nomeado de pasada, xa que o obxecto de estudo son os muíños de gran, está presente, e cito textualmente:

"As augas do Jabrina, según Madoz, dan impulso a distintos muíños fariñeiros e artefactos; entre os artefactos hai que distinguir a Fábrica de Papel de Pontedornas, da que só quedan os cimentos e unha pequena parte da fachada que da ó río. Esta é a fábrica que Gayoso Carreira (1994) denominada erróneamente Fábrica de Villasobroso, e engade en Faro de Vigo de 7 de febreiro de 1954, Alejo Carrera Muñoz, escribe que "aún en el siglo pasado funcionaba una fábrica de papel en las riberas del río Xabriña. Es la única noticia que he podido encontrar de esta fábrica".

Aínda que tímidamente, a fábrica de papel de Pontedornas sí aparece nas páxinas 52 e 53 do meu libro "Muíños de Xabriña".