Como se foxe un faro que fai de guieiro dos peregrinos no Camiño Portugués cara a Compostela, velai maxestuoso na encrucillada das rúas recén remodeladas do Gorgullón e da Virxe do Camiño donde nun tempo pasado houbo unha ponte de pedra e tamen unha caseta de arbitrios donde as leiteiras e vendedoras de productos da horta que chegaban das parroquias veciñas e que marcaba a fronteira entre a cidade e o campo pagaban as tasas, loce cunha maxestuosa árbore, un ficus.

Preto del atópase na tamén remodelada rúa do Mariscal Pardo de Cela outra árbore, un olmo, que fai sombriza e compaña ao mural de María Victoria Moreno que dicíame que esperaba non o cortasen nunca e cando lle chegara a súa hora e secase, oxalá, como fixera Antonio Machado co seu poema "A un olmo seco", algún poeta dos nosos adíquelle unha poesía.

En Galiza hai árbores que considéranse sagrados, os teixos, os carballos, os bidueiros e as aciñeiras, que dende tempos inmemoriais nosos devanceiros coidaron e veneraron con agarimo. Unha árbore na cidade é fonte de natureza, acobillo de páxaros, o embelezan, dan sombriza e milloran a calidade de vida.

Arbores que levan ao noso carón moito tempo e soio nos decatamos de canto os votamos de menos cando os cortan e tronzan a paixase.

Na casa materna tiñamos unha Maceira vella. Un día secou e noso pai tivo que cortala; miña nai quedou moi triste pois durante un tempo un pequeno paporrubio que tiña acobillo na árbore anduvo desorientado dando voltas ao seu redor buscando a maceira que era o seu fogar e non atopaba.

Dicía Joan Baez que é malo para a humanidade que a xente non aprecie a importancia das árbores. Todos temos a obriga de coidar respetar e protexer as árbores da nosa contorna para poder obter deles todos os beneficios que nos ofrecen e cando morren prantar outro e si era moi apreciado darlle unha segunda vida en forma de escultura como fixo o artista Santi Castro co Cedro do Líbano nos xardíns de Belas Artes.