Menores sen dereitos

Mercedes Santiago SoutulloSantiago de Compostela

O país que presume de dereitos humanos despois de bombardear a medio mundo, o que leva "democracia" de sangue e morte, o que impón a súa vontade, si ou si, polas boas ou polas malas, o que sen garantías te ata a unha silla eléctrica ou te manda para un cárcere inhumano, o que ten de presidente a un fillo de emigrantes escoceses, arranca aos fillos dos seus pais e péchaos en gaiolas.

Relato de terror absoluto diante da pasividade do mundo, que é incapaz de romper relacións e dar unha mostra de dignidade. Nun vídeo desgarrador, a hipócrita señora de Bush, aquel do trío das Azores,autores do xenocidio en Iraq, sen base legal para o ataque, laméntase.

Con que autoridade moral abre a boca esta testemuña dos asasinatos de tantos nenos e nenas iraquís? Imáxenes escalofriantes, si.... tanto, como as dos pequenos iraquís despedazados grazas ao seu marido e cómplices. O imperialismo ianqui non cede, estea nas mans de quen estea.

Tanto teñen os Bush, como os Clinton, como os Obama... Tanto monta ou monta tanto, dirían por aquí, ou, facendo honor a Carlos Puebla, o trovador cubano: "A mí me parece Ford lo mismo que Chevrolet"

Tracking Pixel Contents