Igualdade inexistente
Daniel Durán ChapelaBueu
"Escoitar con respeto e atención". Isto, que semella moi sinxelo de facer, non o é para o señor Núñez Feijóo. "Escoitar con respeto e atención" era o que lle pedía a deputada María Pierres ao excelso presidente con respecto á mensaxe que todas as mulleres (e algúns homes) de Galicia lle mandaran o 8 de marzo. Hoxe, tres meses despois da emblemática e significativa data, a situación non mudou en absoluto.
Decisións xudiciais como a da Manada e moitas outras que se dan no país sentencian e lastran as mulleres, facendo que a famosa igualdade promovida polos poderes públicos, que tamén aparece na Constitución como algo a cumprir, se vexa comprometida e, e en ocasións, ata inexistente.
A falta dunha conciliación familiar, a pervivencia duns roles machistas na sociedade, o teito de cristal, a carencia dunha figura feminina como cabeza dun partido relevante, as diferencias salariais, a "obriga" de coidar a familia, e moitos outros etcéteras entorpecen e lapidan os esforzos da metade de España por fragmentar a sociedade machista imperante.
Mais, como xa nos dixo M. Rajoy, "no nos metamos en eso".
- Portugal aplaude la musical reacción del Celta ante el saludo nazi de los ultras del Betis
- Daña cinco coches arrojando piedras a la AP-9 desde un puente en Vigo «pudiendo ocasionar un grave accidente»
- ¿Tienes mascotas en casa? Así podrás deducirte sus gastos de la declaración de la renta
- La pareja de Feijóo pide una concesión hasta 2037 del acceso desde su casa a la playa de O Con
- Ikea recupera el zapatero vertical para la entrada que arrasa en ventas
- Varias protectoras gallegas lanzan un SOS por Luna, una mastina que vive atada a un hórreo
- La segunda salida de tono del conselleiro de Sanidade: cuestiona la importancia que se le da a la salud
- Dos investigados más en relación con la detención del edil de Deportes de Cangas