A Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos

Lida a entrevista que o corresponsal de FARO DE VIGO Gabino Porto realizou a alcaldesa de Mos, non podo por máis quedar abraiado ante as respostas. Pinocho era mentireiro, e mentir é non dicir a verdade. A verdade da súa entrevista é que vostede se pon unha valoración moi alta á pregunta das promesas cumpridas e os deberes feitos. Eu me pregunto: a suba dos impostos do 100% de media, o mal estado de estradas, alumeado, maleza ou pavillón, menosprezar preferentistas de Mos,privatizar servizos como auga, lixo, abandono de animais, ser o terceiro concello por habitante que máis debe da provincia de Pontevedra, así como gastos innecesarios como exceso de dedicacións exclusivas... ¿son promesas cumpridas e deberes feitos? Un Plan Xeral que prometeu facer en seis meses cando fixo a moción de censura e xa levamos seis anos esperando, e para colmo mentindo ao dicir que está consensuado co BNG.

Prometa o que queira, mais non sexa mentireira. Xa sabe o que lle pasou a Pinocho.

Tracking Pixel Contents