Atrás, o 18 de maio, vense de festexar unha das datas máis senlleiras no eido cultural desta anterga terra que se chama Galicia: o Día das Letras Galegas.

É un día no que os galegofalantes sinten ledicia e moita honra ó falar e acoller unha lingua que ten séculos de istoria e que falaron reixes, nobres, cregos e o pobo chan. Pero seica fica ameazada por escuros neboeiros que sinalan a perda de falantes. Un sinte unha grande tristura ó ollar como a lingua nai é hoxe unha lingua case que descoñecida e esquecida. Unha lingua extranxeira na terra de seu.

Compre sinalar que a constitución do estado español so protexe a lingua oficial do estado (castelán) e deixa a súa sorte ás linguas cooficiais. A primeira é obrigado coñecela e as outras non.

As instituciós púbricas non fan abondo para precurar o galego e o mesmo acontece no eido económico productivo cando se marxina se afoga a nosa fala.

Os gobernos e partidos nacionais no parlamento da capiltal asoballan con leis represivas as demais falas do estado español. Seica aínda nos atopamos nos tempos da castelanización do medievo pola croa de castela, cando na Galicia axeonllaron os valentes erguidos irmandiños coa axuda de boa parte da nobreza galega que atreizoou a súa xente e súa terra.

É unha obriga moral e cultural do pobo galego que quer esta terra e esta lingua precurar e acoller esta nobre fala das agresiós veñan onde veñan.

O futuro da nosa lingua corre perigo e so nós, os galegos de cerne e de caste, temos a forza para que a nosa fala sega a ser milenaria.

Galicia ten fala por iso ten identidade de país.