Benito, non mires
Noela Blanco Rodríguez / Ourense
Benito, será mellor que non mires, que a dor de ver o que están facendo coa túa benquerida Casa da Xuventude sería insoportable. Por comezar por algo, contareiche que desapareceu o bullicio que había nas súas salas. Agora reina o silencio, o vacío máis inmenso, consecuencia da xestión de quen non para de poñer trabas burocráticas, para que ese espazo deixe de ser "A Casa", o fogar de todos os mozos ourensáns. Xa non é exemplo de democracia, nin de tolerancia, agora todo ten que pasar polo filtro dunha "censora", enviada por Feijóo, que impide a celebración de todas aquelas actividades críticas co actual Goberno, e que se alonxen dos seus preceptos ideolóxicos. Suprimíronse actividades, e como se de calquera outro edificio administrativo da Xunta se tratase, ubicouse alí, entre outros, un Punto de Encontro Familiar.
Esto dende logo non xurde coma "unha idea feliz", pois o espíritu crítico e constructivo da mocidade sempre molestou a aqueles/as que exercen as súas políticas a base de golpes enriba da mesa, aos que pretenden que as novas xeracións sexamos clones das personaxes de "Yo amo a Laura". Así pois, o seu obxectivo é claro, "matar" a todo o tecido asociativo da mocidade ourensá.
E fano precisamente no momento en que os mozos temos unha conciencia máis crítica ca nunca, cando reclamamos máis democracia, e de maior calidade. Estamos ante xeracións que non soamente participamos en sociedade, senón que queremos facelo máis, sen interpretar o papel de meros espectadores/as que algúns nos adxudicaron.
Pero esta mocidade ourensá, chea de valores, non está pola labor de consentir que pouco a pouco, se desbarate A Casa da Xuventude de Ourense para transformala nun edificio baleiro de contido e de espíritu crítico. Conformaremos un exército imparable que defenderá esta fortaleza dos ataques ao teu legado Benito, e farémolo nunha loita incansable coas armas que ti sempre puxeches ao noso dispór, a ilusión, o traballo, a valentía e a palabra.
- José Abellán, cardiólogo: «Para saber si has descansado bien el indicador más fiable es cuando terminas de comer»
- Cuidado con el melón este verano: los expertos piden dejar de comerlo por este motivo
- Alumnos sin disciplina que no se esfuerzan ni respetan al docente tensionan las aulas
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El pueblo gallego que no tiene turismo: playas vírgenes y está declarado Conjunto Histórico-Artístico
- Dimite en bloque la ejecutiva del PSOE de Salceda y sus dos concejales por desavenencias con la agrupación provincial
- Soy guía turístico en Galicia desde hace 10 años y estos son los lugares más bonitos que he visitado: «Poca gente los conoce»
- ¿Qué son las cataratas, como se detectan, qué molestias producen y cómo se tratan?