Amnistía

Francisco Javier Rodríguez Mayo / Porriño

O señor presidente do goberno non fai declaracións: "Eu non digo nada".

Gardao pra si porque iso non é unha declaración, senón máis ben unha filosofía. En troques declara, "chove moito", que non é unha toma de postura diante da sentencia de Estrasburgo, pero sí revela que sobre iso non hai moito que falar pois falou o tribunal. Rajoy exprésase como a xente do país, a pesares de renegar do galego, e resulta elocuente pra os que adoitan usar a mesma linguaxe. A xente da terra. Logo alá en Madrid chá_ manlle galego, E o que fan non é outra cousa que pedir ao primeiro ministro que calce a idiosincrasia común, esa que non é daquí nin dalí, e que debe á suposta democracia un paradigma de comportamento público. Onda él achéganse os parentes das víctimas agrupadas en asociacións políticas e manifestan as tripas da súa dor e a súa xenreira e maila xustificada sede de vinganza. Rajoy daquela. ofrécelle cariño, que máis ben é moeda de funerais. ¿qué pode fa_ cer? Non pode falar de proceso de paz nin de amnistía, nin de alto o fogo, porque iso é xerga de Zapatero. Como tampouco o podería facer Aznar se estivera na mesma circunstancia. Todos actuarían igual diante da fin do terrorismo. Inda así algúns teiman en adiantar pola dereita.

Outra cosa son os presos comúns, asasinos violadores. Quizàis o que falla é a lei.

Tracking Pixel Contents