Volta a raigaña
Francisco J. Rodríguez Mayo - O Porriño
A modernidade adoita traer con ela novidades que barren, como basoura virtual, lixos que habitan os nosos costumes, achaques de podricallo vello que convirten a sociedade en clientes dun Sergas, que non quer atendernos por non facer gasto. Manuel Fraga, aquel intelectual finado, que foi tantas cousas como Darwin lle permitiu, actualizou o noso sistema operativo e púxonos no mapa do presente galopante. Canda el, deixamos de traballar as leiras, deixamos de facelas casas aos poucos, deixamos de desconfiar no intre de estampalas nosas sinaturas e voltamos a presentarnos diante da España e do mundo como seres novos, libres de complexos, cáseque.
Pero logo veñen estes reveses da historia e atopámonos comendo o que non sabemos, atrapallados en hipotecas de versos segredos e engaiolados nas nosas propias rúbricas. Daquela xa non hai volta atrás, porque o que xura ese credo non o deixa endexamáis. A nosa autarquía é historia.
E voltamos a cantar vellas cancións: María eu son mozo/ pedir non me é dado/ eu vou polo mundo/ pra ver de ganalo...
- Portugal aplaude la musical reacción del Celta ante el saludo nazi de los ultras del Betis
- Daña cinco coches arrojando piedras a la AP-9 desde un puente en Vigo «pudiendo ocasionar un grave accidente»
- ¿Tienes mascotas en casa? Así podrás deducirte sus gastos de la declaración de la renta
- La pareja de Feijóo pide una concesión hasta 2037 del acceso desde su casa a la playa de O Con
- Ikea recupera el zapatero vertical para la entrada que arrasa en ventas
- Varias protectoras gallegas lanzan un SOS por Luna, una mastina que vive atada a un hórreo
- La segunda salida de tono del conselleiro de Sanidade: cuestiona la importancia que se le da a la salud
- Dos investigados más en relación con la detención del edil de Deportes de Cangas