Os invisibles
Manuel Iglesias NanínO Carballiño
Non chores. Díxenlle. Dende hai un tempo non podo e non sei facer outra cousa. Díxome. Calei e fiquei mirando para ela. Ninguén se detiña. Nin detivo. A indiferencia no lugar era como unha labazada. Sei que ela agardaba algo de min. Algo máis que un simple e covarde aceno. Descubrín que non estaba acostumado a ese tipo de manifestacións. De sinceridades. Todo se tapa. Ou disimula. Ser transparentes e permeables non está en alza. Non cotiza nos valores de cada día. Seguín o meu camiño. Fuxín do lugar dos feitos. No que semelleba que nada acontecía. Ao xirar na seguinte esquina, detívenme. Dende o agocho que procura o afastarse, asomeime a ela. Alí seguía. Chorando. Coa mirada cravada no chan. Comecei a chorar. E souben, que entre ela e eu, non había ningunha distancia. A pesar de eu ter desertado.
- Portugal aplaude la musical reacción del Celta ante el saludo nazi de los ultras del Betis
- Daña cinco coches arrojando piedras a la AP-9 desde un puente en Vigo «pudiendo ocasionar un grave accidente»
- ¿Tienes mascotas en casa? Así podrás deducirte sus gastos de la declaración de la renta
- La pareja de Feijóo pide una concesión hasta 2037 del acceso desde su casa a la playa de O Con
- Ikea recupera el zapatero vertical para la entrada que arrasa en ventas
- Varias protectoras gallegas lanzan un SOS por Luna, una mastina que vive atada a un hórreo
- La segunda salida de tono del conselleiro de Sanidade: cuestiona la importancia que se le da a la salud
- Dos investigados más en relación con la detención del edil de Deportes de Cangas