Cita previa
Emilio Rodríguez Miranda Beluso (Bueu
Cáseque todo nesta vida redúcese a una absurda e indolente cita previa. Comprobeino días atrás cando tiven que acudir á Seguridade Social -INSS- na procura dun trámite burocrático, aparentemente, sinxelo.
Boas -díxenlle ó garda de seguridade da porta- veño a que me poñan un selo neste escrito. Ten cita previa?, preguntoume.
Pois claro home, teño, hoxe non se poder facer nada sen ela, contesteille retranqueiramente. Colla un número e agarde a súa quenda! Pero teño xa cita previa para as 11 hs. e son menos cinco! Botoume unha ollada de resonancia magnética. Ao final saquei, coma quen vai a chacinaría, o número 23 -no luminoso aínda escintilaba o 9-. Sinto, pero naquel intre doume un apretón inexcusable. Perdoe, ónde está o baño? Ten cita previa? Non me diga que tamén fai falla Faga o favor, colla número. Nun chiscar de ollos, sin saber cómo foi, o letreiro de marras bulía coma unha centella e púxose, de súpeto, no número 24.
Mirei ó garda. Miroume cun aceno de emoticono burleiro, como dicindo de boca para fóra: hoxe ata para mexar hai que pedir cita previa, non sí?
Eu, por non ser menos, díxenlle en latín: credo quia absurdum!
Por suposto tiven que coller, de novo, outra cita previa.
- Insólita demanda en Vigo: una menor se suma a la denuncia de su madre para exigir conciliación
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Rescatan el cuerpo sin vida de un marinero sobre un barco en Cangas
- Un fugitivo arrepentido se entrega a la policía local de Vigo: «Quiero entrar en prisión»
- ¿Cuánto cobra una enfermera según la comunidad en la que trabaje? Hasta mil euros de diferencia y con Galicia a la cola
- Siete albaneses detenidos e intervenidas una narcolancha y una importante cantidad de cocaína en un operativo en Vilanova de Arousa
- Salen a la luz nuevos datos sobre el estado de salud de la hija de Anabel Pantoja: «Un pronóstico serio y grave»
- Una familia de cinco generaciones en Aldán