Beizóns e parabéns
Manuel Iglesias Nanín - O Carballiño-Ourense
O novo Papa xa está aquí. Xesuíta, ademais, con todo o que iso implica e supón, ou debería supor, dada a traxectoria dos mesmos ao longo da historia. Nada concordantes eles co oficialismo proclamado dende os sillóns do Vaticano.
É momento agora de beizóns. E parabéns. Aínda non atopei mensaxe crítica seria arredor do novo pontífice. Teólogos, crentes convencidos, tertulianos a soldo, achegados que compartiron con el, sacerdotes de capa branca, políticos dun padecer e doutro, incluso o veciño co que comparto café cada mañá, co que nunca falo, pero que polo andar do día a día nos recoñecemos, todos estes e incluso máis teñen algo que dicir. Boto de menos a voz da muller. Non a vin nin oín asomar por ningún medio. Mais está. Seino. E sairá para que todos a escoitemos.
Arrebátame o optimismo vital que se trasega no ambiente. Descoñezo de onde agroma tanto repique de campás. Descoñezo tamén o significado do termo progresismo dentro dos grandes pazos onde se pretende debullar a palabra de Xesús. Descoñezo aínda máis o que significa para un sacerdote viaxar en metro, ser socio dun equipo de fútbol, lavar o pé doutro nun acto de humildade ou saír a un balcón soberano sen vestimentas nin aneis relucentes para facer un manifesto de boas intencións. Descoñezo tantas e tantas cousas que para tantos son bos sinais. Agardemos e veremos. E daquela seremos quen de abrazarnos os uns aos outros. Ou, quizais, seremos tamén quen de explicar e xustificar a indixencia moral de quen máis a predica. Porque de todo e para todos hai na viña do señor.
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Calleja se despide de Cuatro en Galicia alabando a los gallegos y su gastronomía
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- El conocido punto de venta de drogas de Vigo que da problemas cada semana
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Encierra a su expareja semidesnudo en el balcón de su vivienda en Vigo y los bomberos acuden con la escalera a rescatarlo
- Ilaix firma por cuatro temporadas