Qatar

Emmanuel Rueda Girondo

Rusia e Qatar, Qatar e Rusia serán organizadoras dos mundiais de fútbol do futuro. En Qatar ergueranse doce estadios de fútbol nun radio de 60 quilómetros cadrados. Unha medida moi ecosostenible.Nove deles serán desartellados unha vez rematado o mundial. Poden montarse en países necesitados. E nós sen o novo Balaídos.... poderían mandarnos un, ¿non?

A meirande parte dos traballadores da construción en Qatar son inmigrantes sen dereitos, e agora van ter moito traballo pero poucos dereitos.

Coñecido é que a temperatura en Qatar neses meses será duns 45 graos. Os estadios terán unha corrente de aire baixo as gradas para acadar os 17 graos. No terreo de xogo garantízanse os 27 graos.

Qatar non ten tradición neste deporte. Tampouco é o lugar máis apropiado para botar un partido no verán do hemisferio norte. Pero aliada con Rusia nas votacións, ambalas dúas conqueriron mundial de seu. Qatar, ao igual que Dubai, é un pequeno estado en terra de ninguén que precisa reafirmarse coma nación. Mentres Dubai ergue torres, Qatar organiza grandes eventos deportivos. E todos os meus respetos para este pequeno país.

E se nós temos que ser eco-responsables, ¿por que non os grandes eventos deportivos?, ¿para cando un mundial en Burkina Fasso?

Tracking Pixel Contents