Efímeras
Emmanuel Rueda Girondo
Cando o bo de Edison deu en idear a bombilla fíxoo ca idea de que durase. Que durase unhas 1.500 horas, hora menos, hora máis. O inxenio levou ós fabricantes a inventar bombillas que perdurasen unhas 100.000 horas. Naturalmente isto alporizou ós comerciantes. Tanta eficiencia rachaba o mercado. E deste xeito fixouse a vida dunha bombilla nunhas 1.000 horas, e todos contentos.
Nun parque de bombeiros de California pódese ollar unha bombilla que leva alumeando dende 1901. Xa vai para 110 aniños. É a bombilla de Livermore. O seu inventor, Chaillet, levouse o segredo da patente á tumba. Non era rendable para a economía mundial. Nos cuarenta inventáronse unhas medias de nailon que non se podían rachar. Loxicamente sairon do mercado.
Para casos raros o que lle ocorre a algunhas impresoras. Teñen un chip de fábrica que limita a súa vida. A impresora manda un sinal de morte súbita ó ordenador . E o famoso ipod tampouco se queda atrás. As súas baterías de litio teñen a vida acurtada de fábrica.
Todo isto lembra un pouco ás efímeras. As efímeras son insectos acuáticos nos que a súa vida adulta dura unhas horas. Unhas horas revoloteando sobre a auga na percura de parella.
Coma efímeras, gran parte dos nosos aparellos están deseñados para gozar dunha curta e fascinante vida útil. Cousas do mercado...
- El juez instructor del caso Asunta reacciona a la novela de Alfonso Basterra: 'Es muy triste que haya usado a su hija
- La segunda salida de tono del conselleiro de Sanidade: cuestiona la importancia que se le da a la salud
- Las primeras furgonetas camper en serie de Galicia se fabrican en Baiona
- ¿Tienes mascotas en casa? Así podrás deducirte sus gastos de la declaración de la renta
- Un popular tiktoker catalán se rinde ante la afición del Celta: «Cada vez que vengo a Vigo...»
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- El vigués que triunfó en el QIR: «Estudiaba de lunes a sábado y, el último mes, sin descanso»
- Detenido un hombre en Vigo tras desaparecer cuatro días con su bebé y agredir a su pareja