¿Quen se acorda das pensións de viudedade?
Juan José Rodríguez Suárez - Vigo
Cando chegan as eleccións, tanto xerais como autonómicas ou locais, sempre aparecen por todos os partidos políticos unhas promesas que a maioría das veces nunca se cumpren, éstas sempre van no sentido de máis postos de traballo, axuda ós parados, axuda ós nacementos, máis hospitais, etc., pero como vemos o 99% destas nunca chegan a concretarse, e sempre se busca a xustificación, neste caso a crisis.
Pois ben, hai unha promesa que nunca a vín facer por ningún partido político, e o que máis me molesta é que ningún sindicato tampouco fixo nada por esa reivindicación que é as pensións de viudedade. Antes había un dito que dicía: donde comen dous comen tres. Isto agora xa non é posible dicir, nin siquera donde come un comen dous, porque hoxe nun fogar dun xubilado ou xubilada donde o único ingreso sexa unha xubilación, cando morra o que cobra a pensión o compañeiro ou compañeira que quede só cobra o 52% do que se ingresaba antes na casa, que, por certo, os gastos que desaparecerán desa casa son o que podía gastar o difunto/a: tabaco, comida e roupa, máis ou menos, e iso non supón o 48% do ingreso de esa casa. Porque o gasto de hipoteca ou cuota da comunidade é o mesmo, o gasto de luz o mesmo, a televisión gasta o mesmo que a mire un ou dúas persoas, os enseres da casa o mesmo.
Ante esta situación, eu fago unha proposta ós políticos, mais os sindicatos, xa que nestes intres estase a falar do Pacto de Toledo, e a proposta encaixaría nestes acordos, e é a seguinte.
Cando falte un membro dunha parexa, e o único ingreso sexa a pensión de viudedade, ese porcentaxe sexa elevado ó 75%, e no caso que exista outro ingreso manter o 52% actual. Aínda que nestes tempos parezca unha contradición cando se está falando de conxelación das pensións, non o é, xa que o que se trata é de poñer no seu xusto sitio un dereito que nos tempos que corren é aberrante o porcentaxe actual.
¡Ah! Políticos espabilade e non pensar só nas vosas pensións de xubilación, que con 7 anos no Parlamento xa tedes direito o 100% e a pensión máxima, estades correndo o risco de que vos deixemos solos, xa que vos importamos un cara...
- Un terremoto con epicentro en Barro se siente en media Galicia
- Adiós al hijo de Carmen Borrego en 'GH DÚO' tras solo unos días en la casa: «Demandando»
- «Opero unos mil tumores de pulmón al año»
- Adiós a pasar la ITV a las motos en 2025: el Gobierno aprueba la medida
- Vigo y A Coruña, incomunicadas por carretera después del atardecer
- Una familia de Taboada denuncia la desaparición de su hijo de 18 años, que se despidió en las redes
- El Chuvi extrae un tumor del corazón sin abrir el pecho por primera vez en España
- Abre en Galicia un aparcamiento para camiones pionero en España