Os pensionistas non deberían votar a Zapatero
Alfonso Segovia Lago
Chega ós periódico de tirada galega a gran noticia, a Xunta aforrará 9 millóns durante os anos que quedan de lexislatura coa simple unión de nove número de teléfono de información/atención nun marcado plan de austeridade, que logo tira pola borda coa noticia contrastada; ós pensionistas volverán a conxelalo escaso soldo que teñen. O que máis me sorprende é que adopten estas medidas anticrisis tan dráticas tras darse a coñecer que o FMI (Fondo Monetario Internacional) dixera que España ten solvencia suficiente para saír da crise por si soa.
Pero neste país dos obreiros, e se nota en medidas como os retrasos no ano da xubilación, menos tempo de paro (quizais para obrigar a buscar emprego antes), etc. Hai veces que a política recórdame as miñas clases de Ciencias Naturais, cando nos explicaban as pirámides alimenticias: vexetais, herbívoros, carnívoros e omnívoros... Onde as clases máis débiles que somos os cidadáns "sen voz ni voto" seríamos os vexetais. E de todos é sabido que o home non aprende dos seus erros, se non isto soaría xa a historia pasada.
Pero os que están arriba sempre parecen esquecerse de que nós somos os que eliximos, somos os que temos a voz, e somos os que votamos. Deberíamos poder facerlles notar que non somos ningún vexetais... pero para iso hai que organizarse, e ata para defender os nosos dereitos confiamos en terceiras partes ás que nin lles vai nin lles ven, pois eles están nun escalo superior. Co que coma sempre, seguirán estrugándonos ata que non poidan sacarnos máis zuime, e pese a ter un vaso a rebosar pillarán a seguinte xeración para pasala polo moedor.
Quizais podamos conseguir algún día que os ricos paguen o que deben, que se multe a quen leve diñeiro ganado en España a paraísos fiscais, ou que no de o cree postos a cambio de "favorciños", pero dende logo non será como un goberno nin de esquerdas nin de dereitas, que deban sempre tantos favores a queles que se supón que están por debaixo deles.
- Un terremoto con epicentro en Barro se siente en media Galicia
- Adiós al hijo de Carmen Borrego en 'GH DÚO' tras solo unos días en la casa: «Demandando»
- «Opero unos mil tumores de pulmón al año»
- Adiós a pasar la ITV a las motos en 2025: el Gobierno aprueba la medida
- Vigo y A Coruña, incomunicadas por carretera después del atardecer
- Una familia de Taboada denuncia la desaparición de su hijo de 18 años, que se despidió en las redes
- El Chuvi extrae un tumor del corazón sin abrir el pecho por primera vez en España
- Abre en Galicia un aparcamiento para camiones pionero en España