¡Burros, pero non tanto!
Jesús Manuel Vázquez Díaz
Resúltame moi preocupante que os veterinarios oficiais deixen de facer as identificacións do gando vacún, e non porque non sexamos capaces de facelas nós, os gandeiros, se non polas fraudes que vai supor isto. Pero claro, así dunha tacada matan 3 paxaros dun tiro: por un lado aforran uns cartos en pagar ós veterinarios, por outro lado son uns parados máis que van a conta do goberno central, e por si faltaba algo, favorecen ós intereses económicos dos grandes depredadores intensivos da gandería tradicional galega. Tamén me resulta vergonzoso outra cousa que está a facer o goberno da Xunta. Non só se escudan en que non hai cartos, para non pagar as súas débedas, (sen ter en conta o despilfarro do Xacobeo, claro) agora van máis lonxe e cúlpannos os cidadáns disto… Explícome: coñezo unha morea de casos, o meu non é unha excepción, onde se nos comunica que o diñeiro que nos adebedan non o podemos cobrar por unas supostas irregularidades coa Axencia Tributaria. Por suposto, cando vamos a mirar, tales problemas só existen no seu sistema informático, pero o dano xa está feito, porque iso vai supor o retraso do pago en varios meses. Señores da Xunta, se non poden ou non queren pagar ó seu debido tempo, non paguen, pero polo menos non teñan a cara dura de votarnos a nós as culpas.
- Muere abrasado por las llamas dentro de su vehículo en Redondela
- Muere uno de los atracadores históricos implicados en el gran golpe de Gran Vía
- Un buque de Grimaldi pide asistencia entrando en Vigo al quedarse sin motor frente a Monteferro
- Una mujer divorciada recurre al Constitucional para evitar que ella y su hijo sean desahuciados
- La Guardia Civil aborta una macropelea con más de medio centenar de menores en Cangas
- «Por la Lennon pasó lo mejorcito de la música española del momento»
- La batalla de los sacerdotes enamorados: 'El tabú se está rompiendo y no nos vamos a rendir
- Se masturba y eyacula detrás de una mujer que daba de comer a unos gatos en una calle de Vigo