Controladores
Gemma Novelle Marcos
O motivo desta carta é mostrar a miña máis absoluta indignación polo tratamento que os medios de comunicación en xeral, e a televisión en particular, están a dar do conflito dos controladores aéreos.
Lonxe de defender a este colectivo, que non deixa de ser un círculo pechado e elitista totalmente desconectado do sindicalismo de clase, cómpre facermos unha lectura máis profunda da gravidade da situación na que estamos. E esta non é outra que o oportunismo do goberno do señor Zapatero para pór á opinión pública do seu lado introducindo novas medidas de recortes de dereitos sociais como son o dereito de folga e a negociación colectiva, e todo isto por decreto e declarando o estado de alarma que non se adoptou nin tan sequer co golpe de estado do 23-F. Asemade, ante esta situación de crispación por parte da opinión pública, ten a excusa perfecta para a privatización de AENA que é o fin último que persigue este Goberno que se chama de esquerdas.
Paréceme gravísimo o modo en que a televisión está tratando esta noticia, mostrando aos "pobres" centos de homes e mulleres que esperaron nos aeroportos sen poder marchar de vacacións e esquecendo o realmente importante no momento actual como é a retirada dos 426 euros aos parados/as ou a próxima reforma das pensións. Para cando unha televisión independente do goberno de turno?
Agora son os controladores, pero máis adiante seremos nós. Que nos quedará cando xa non teñamos dereito nin a negociar o noso convenio colectivo ou saír a rúa para reclamar máis xustiza social?
- Insólita demanda en Vigo: una menor se suma a la denuncia de su madre para exigir conciliación
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Rescatan el cuerpo sin vida de un marinero sobre un barco en Cangas
- Un fugitivo arrepentido se entrega a la policía local de Vigo: «Quiero entrar en prisión»
- ¿Cuánto cobra una enfermera según la comunidad en la que trabaje? Hasta mil euros de diferencia y con Galicia a la cola
- Siete albaneses detenidos e intervenidas una narcolancha y una importante cantidad de cocaína en un operativo en Vilanova de Arousa
- Salen a la luz nuevos datos sobre el estado de salud de la hija de Anabel Pantoja: «Un pronóstico serio y grave»
- Una familia de cinco generaciones en Aldán