Fai uns días este concelleiro do BNG de Salvaterra criticoume en carta ao director por diferentes razóns que paso a contestar.

A fogueira de San Xoán non a fixo o Concelo, senón os veciños e, entre o que queimaron encontrábase un cabazo vexetal dun particular, cando se lle comunicou que non o queimara manifestou que non tiña importancia porque deses hai miles.

Sobre a levada do muiño do Ramallás teño que decirlle que quen a levou por diante foi o propio río, fai anos cunha das crecidas que sufriu o Tea.

En referencia a lápida teño que recordarlle que quen fixo e dirixiu as obras foi a Consellería do seu partido, do BNG pedíuselles aos responsables de Patrimonio que colocaran unha protección e negáronse a facelo, porque segundo eles non era necesario.

Referente O Son da Muralla tanto se anunciou en galego como en castelán, porque estamos falando dun festival ao que acude xente non so de Galicia, e con repercusión a nivel nacional e incluso internacional.

Non asistín a Festa da Poesía porque me foi imposible debido a custións familiares. Tamén lle teño que recordar que dende esta Concellería se colaborou totalmente con este acto, tanto con material como economicamente, algo que vimos facendo dente sempre.

E por último critícame por falar por primeira vez en tres anos nun pleno en castelán. Teño que recordarlle que dentro da democracia na que vivimos temos a liberdade absoluta para expresarnos nos dous idiomas que ten Galicia; e que falo sempre en galego non porque ninguén o diga, senón porque creo que é o noso deber coidalo, fomentalo e difundilo.

Por último decirlle a este Concelleiro do BNG (que segundo din a maior parte da súa vida falou en castelán e que empezou a utilizalo galego últimamente, cando pasou a formar parte dun sindicato e entrou na política), cada día quedo máis asombrada da dobre moral que teñen algúns, que cando falaban en castelán ríanse dos que falaban en galego, que pola mañán póñense diante da bandeira do galeguismo e ao chegar a casa falan ca súa familia en castelán, que falan de só galego nas aulas pero levan aos seus fillos a colexios privados para que aprendan un perfecto castelán. Isto chámase hipocresía!