Disque o concerto de Manolo Tena nas festas de Cee foi unha pena. A axencia de noticias "P.a.r.é. s." dí que lle cargou de máis no licor café. Xa cando estaba "na cresta da ola" Manolo nunca foi moi animado que digamos. Pero pra bo o concerto que deu La Unión en Baiona. Que son...! Que precisión neno... Paresme que tocaron en playback. Ou sexa, que non tocaron... e quen non fixo playback nas festas do instituto... pra os que se perderon o concerto non sufrades, veñen no outono a unha nova sala de Vigo. Veñen tocar...

Menos mal que para arranxar o verán baionés sempre está Mengod e a súa fantástica sonata "playa chiquita".

Para o festeiro de pro sempre queda a baza das orquestas. E mira ti que agora a orquesta Olympus, promocionada polo Xacobeo, en troques de facer fans fai enimigos. Ten alporizada a sociedade galega "colega" por amosar actitudes homófobas nos seus espectáculos. Home, que as orquestas están pra tocar "El Chiringuito" ou "Eu gosto de mamar" e non pra meterse noutros choios.

Non será porque non haxa bos grupos locáis na zona de Vigo, non. Pero claro, está máis en voga contratar estrelas caídas "actuando" en playback.

En fin, sempre nos quedará París... .digo, a París de Noia.