Felizmente xa se convocou a praza de conserxe e se realizaron as probas de selección no Concello de Mondariz. Digo felizmente, porque os señores do BNG con toda a súa parafernalia democrática e progresista parece que tiñan algún tipo de problema con que se presentara o "menda lerenda" que suscribe estas liñas. Si un non comulga con estes individuos pode resultar dunha enxebreza máis que discutible. No seu momento cando saíron publicadas as bases dixeron a bombo e pratillo (prensa incluída) que estaba destinada dunha maneira caciquil (como non podería ser doutra maneira) "a moi" polo feito de haber traballado unhas temporadas no concello facendo un traballo similar. Pero non chegando isto, os do PSOE tamén se puxeron nerviosos e tentaron impugnar as bases (co seu n.º 2 ó frente, gran currante de UGT) dando a razón a xustiza ó concello en canto á conformidade das mesmas.

Visto o panorama e a presunta delictividade de certo tipo de ideoloxía política que pode ter o individuo que asina esta carta con respecto ás crenzas destes outros cabaleiros preferín non presentarme para non crear ningún tipo de trauma incurable nestes señores que me leve ó cadaleito con remordemento de conciencia. Resulta sorprendente a capacidade visionaria que teñen para saber si é un traballo que me interese ou non, e aínda mais sorprendente o pregón de "nightclub" de si unha administración fai unhas bases "a medida" que raiarían o delito.

Evidentemente non espero ningún tipo de desculpa porque a min a experiencia dime que de donde non hai non se pode sacar. Amén.

José Manuel Reboreda Fernández - Mondariz