Esa é a frase colgada nos paquetes de tabaco de venda ao consumidor no noso país. Unha verdade a medias, atribuida a esa pranta popularmente consumida e usada polos humáns dende fai séculos. É unha pranta que, coma outras moitas fecundadas pola natureza, ten principios activos tóxicos, pero non tan mortais como nolo pintan e outros de uso medicinal, non nos enganemos nin deixemos que nos enganen.

Cando falamos de prantas fecundadas pola propia natureza, falamos dunha pranta "nacida libre". É dicir non sometida a procesos de produción e comercialización industrializados a base compoñente química multiplicando por mil a súa toxicidade e tamén a súa capacidade para matar.

É noxento e sospeitoso que os mesmos vendedores de marcas da casa anuncien nos envases de venda no mercado que "O tabaco mata". E que o fagan con consentimento das autoridades sanitarias, semelláseme que eiquí hai gato pechado.

E nesto, resulta tremendamente sospeitoso a interesada ocultación nos envases non traia a composición dos contidos químicos do producto empacado e de venda ó público. Eso sería o correcto, o que o Ministerio de Sanidade debera esixir na súa condición de garante da saúde pública se tanto interés ten en aplicar esa fraudulenta lei antitabaco, prohíbindo o "pitillo" no posto de traballo, centros culturais, etcétera.

As multinacionais productoras e vendedoras de tabaco, informan que o "tabaco mata". O Ministerio de Sanidade, tragala, así no lo espetan. Hai ocultación interesada...? Sepa vostede cidadán, que cando fuma un pitillo vostede pode estar fumando: cianamida, toulidina, amoniaco, naftilamina, acetona, metanol, uretano, ars énico, fenol, butano, monoxido de carbono, pireno, dibenzocridina, cadmio, dimetilnitrosamina, benzopireno, vinilo, DDT, toluelo, polonio-210, e nicotina, e outras moitas sustancias máis. Polo visto, un paquete diario ten o impacto no seu corpo semellante a trescentas radiografías (fonte informativa Discoveri Salud, basada en traballos publicados sobre dos efectos do tabaco).

Se vostede é fumador e descubrise esa información no envase, ben tería direito a demandar ao productor-vendedor, polo mero feito de venderlle un producto con sustancias inductoras de provocar adición e danos na súa saúde. Coma non a ten, soio lle queda esperar a que se cumpra o dito no paquete: O tabaco mata...? E faino o amparo dunha lei antitabaco presta o engado e ocultación interesada.

Manoel Guerra Ferreira - Vigo