Enquisas

Primeiro faise unha campaña mediática enorme en tódolos medios, con maximalismos de todo tipo: o Estatuto catalán é insolidario, este Estatuto divide España, etcétera, o mesmo tempo ridiculízase con saña ós líderes cataláns: Carod-Rovira, Maragall, etcétera, tamén se acompaña esto con multitude de aparicións e declaracións públicas dos personaxes do nacionalismo español máis rancio: Acebes, Zaplana, Bono, Ibarra, Francisco Vázquez, este último afirmando co Estatuto catalán prodúcelle urticaria, eso si, sen practicamente telo lido, incluso por internet se aproveita para mandar mensaxes de que non se compren productos cataláns, para presionar aos empresarios daquela comunidade, e a continuación se lle pregunta aos españois, sen exposicións neutrais do Estatuto, que opinan del. Pois ben, con estas premisas, parece milagro que non aparezca como o problema máis grave que ten España, incluso por riba do paro.

Pilar Alonso González

o Ourense

Tracking Pixel Contents