Carta aberta ao señor Figueroa
Unha vez máis señor Figueroa teño que denunciar publicamente a súa deixadez como responsable de servizo de limpeza do vertedoiro clandestino existente no kilómetro 4 de Ricardo Mella, parada de transporte público de Ermida - Oia.
¿De verdade señor Figueroa que non queren solucionar este asunto de unha vez por todas? ¿Cal é o motivo para que se siga consentindo que de forma indiscriminada aquí se descargue todo tipo de lixo sen que a autoridade municipal controle esta situación?
¿A vostede lle parece normal que os usuarios do transporte público teñamos que esperar o bus no medio da merda, sen que ninguén tome cartas no asunto?
Lamentablemente por parte do responsable político en esta cuestión, deixándonos indefensos ante un grave problema medio ambiental e de limpeza pública, que incluso pode producir consecuencias na saúde das persoas.
Mire, señor Figueroa, este non é o único contencioso que teño con vostede, xa que tamén lle teño presentado máis de corenta denuncias pola situación dunha finca colindante ao meu domicilio, sen que haxa tomado ningunha medida efectiva.
¿De que nos valen esas campañas da defensa do medio ambiente e de plantación de flores na cidade, se teñen o rural totalmente abandonado? ¿Ou é que nós somos cidadáns de terceira división?
Teño que subliñar o esforzo e interese que pon o Xefe do Servizo, señor Flaque, por solucionar este asunto, o cal non é correspondido polo poder político que vostede representa.
Señor Figueroa, eu lle pregunto unha vez máis ¿é que non teñen pensado facer nada para solucionar este asunto? ¿Vannos ter condenados a ter que convivir coas ratas, moscas e demais insectos de por vida? ¿Podía darme unha explicación pública de por que non solucionan este problema? Eu, se quere, doulle unhas cantas ideas. Espero que non lle fagan falla.
Eloi Alonso Misa - Vigo
- Portugal aplaude la musical reacción del Celta ante el saludo nazi de los ultras del Betis
- Daña cinco coches arrojando piedras a la AP-9 desde un puente en Vigo «pudiendo ocasionar un grave accidente»
- ¿Tienes mascotas en casa? Así podrás deducirte sus gastos de la declaración de la renta
- La pareja de Feijóo pide una concesión hasta 2037 del acceso desde su casa a la playa de O Con
- Ikea recupera el zapatero vertical para la entrada que arrasa en ventas
- Varias protectoras gallegas lanzan un SOS por Luna, una mastina que vive atada a un hórreo
- La segunda salida de tono del conselleiro de Sanidade: cuestiona la importancia que se le da a la salud
- Dos investigados más en relación con la detención del edil de Deportes de Cangas