Unha máis... ¿a quen lle importa?
Na madrugada do domingo día 9 vivimos unha experiencia desoladora. Eran as 5:30 da mañá, despois dunha noite de festa dispoñiámonos a coller un taxi na rúa Urzáiz. De súpeto escoitamos uns berros e vimos a un grupo de mozos perseguindo e increpando a un rapaz. Cando chegaron a altura do McDonald´s comezaron a darlle unha malleira ata que conseguiron tumbalo no chan, momento que aproveitaron para darlle unha forte patada na cabeza. En cuestión de segundos conseguiron deixar ao rapaz inconsciente, instante en que os agresores saíron correndo, alertados pola gravidade do seu estado. Nese intre pensamos que estaba morto, saíalle sangue pola boca e por un oído. Chamamos á ambulancia, o tempo de espera foi interminable. Na cara dese rapaz vimos aos nosos irmáns, amigos, mozos... e pasáronnos milleiros de preguntas pola cabeza: ¿Por qué a indiferencia da xente que pasaba pola rúa? ¿Por qué ese desexo de vinganza dos amigos, que só pensaban en buscar aos agresores en lugar de axudar á víctima? ¿Por qué a xente xustifica estes actos con un "algo faría"?
Non sabemos cal foi o final desta historia, pero sí sabemos que casos coma este danse todas as fins de semana na nosa cidade. Reflexionemos.
Gabriela Lorenzo Román y dos firmas más - Vigo
- No era Carlo Costanzia: el miembro de la familia Campos que podría fichar por 'Supervivientes 2025
- Retiran la incapacidad absoluta a un operario del Náutico de Vigo con mieloma: «Puede trabajar en ambientes sin contaminación»
- Portugal lanza una alerta por lluvia, viento e inundaciones que llega a Galicia
- Quitan la indemnización a una mujer que se cayó al salir de un céntrico hotel de Vigo
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Cierra uno de los locales más míticos de Churruca
- Una pareja con un hijo que gane hasta 52.500 euros al año podrá acceder a una vivienda pública
- José Manuel Parada responde tajante al comunicado de Anabel Pantoja sobre su hija: «Como periodista pido respeto»