Unha máis... a quen lle importa?
Na madrugada do domingo día 9 vivimos unha experiencia desoladora. Eran as 5:30 da mañá, despois dunha noite de festa dispoñiámonos a coller un taxi na rúa Urzáiz. De súpeto escoitamos uns berros e vimos a un grupo de mozos perseguindo e increpando a un rapaz. Cando chegaron a altura do McDonald´s comezaron a darlle unha malleira ata que conseguiron tumbalo no chan, momento que aproveitaron para darlle unha forte patada na cabeza. En cuestión de segundos conseguiron deixar ao rapaz inconsciente, instante en que os agresores saíron correndo, alertados pola gravidade do seu estado. Nese intre pensamos que estaba morto, saíalle sangue pola boca e por un oído. Chamamos á ambulancia, o tempo de espera foi interminable. Na cara dese rapaz vimos aos nosos irmáns, amigos, mozos... e pasáronnos milleiros de preguntas pola cabeza: Por que a indiferencia da xente que pasaba pola rúa? Por que ese desexo de vinganza dos amigos, que só pensaban en buscar aos agresores en lugar de axudar á víctima? Por que a xente xustifica estes actos con un "algo faría"?
Non sabemos cal foi o final desta historia, pero si sabemos que casos coma este danse todas as fins de semana na nosa cidade. Reflexionemos.
Gabriela Lorenzo Román y dos firmas más - Vigo
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Despedida de una panadería de Vigo por sisar monedas de las ventas
- Malas noticias para los pensionistas: adiós a recibir la paga extra este 2025
- Insólita demanda en Vigo: una menor se suma a la denuncia de su madre para exigir conciliación
- Un robo con extrema violencia: asaltan a punta de pistola a una pareja y la rocían con gasolina en Meis
- Bruno Vila se despide de sus compañeros de los Mozos de Arousa: «Cerrando etapas»
- Preparados para tiritar: alerta por frío en Galicia
- Un fugitivo arrepentido se entrega a la policía local de Vigo: «Quiero entrar en prisión»