Ao señor Vázquez Consuegra
Comigo moita xente ten a apreciación de que a maioría do realizado no proxecto de "Abrir Vigo ao mar" é un mal resultado e que realmente só consegue pechar Vigo ao mar. Un bunker nos ex xardíns de Elduayen (moi apreciado por habilidosos do skate e do patín) que só ten uso para a expedición de billetes do transporte da ría, cun incomodísimo efecto de "coctel-party" no seu interior, un lúgubre restaurante que adxudicatario tras adxudicatario acaba pechando, unha cafetería na que os poucos usuarios non ven nin a chegada dos barcos e, iso si, uns convenientes urinarios.
Un pouco máis alá, e despois de cruzar unha rúa con pedras elevadas interruptoras do paso estilo Normandía, atopamos outro mamotreto de formigón, que hoxe serve para un negocio particular de vender iates e baixo o que durmen indixentes varios, cunha agochada charca miserenta con vocación de foso medieval e a auga esvarando por outro muro, a modo de fonte decorativa, que pecha e incomoda o paso e a visión do parque que xa estaba. Por certo, a estatua de Elduayen, cambiada de posición, antes víase e agora non.
Pois señor Vázquez Consuegra, meta vostede os premios da metáfora no portafolios xunto cos proxectos que ninguén lle pagou, goce de todos os diñeiros que cobrou neste lugar tan lonxe da súa casa e, por favor, non trate de volver por máis. Esperando que polo do Berbés lle concedan moitos máis loores e lugares no cumio do parnaso arquitectónico.
Ramón González-Alegre Burgueño - Vigo
- «Vivo con la angustia de si va a conseguir salir para quitarse la vida»
- Qué es el mieloma múltiple, el cáncer incurable que sufría el presentador de TVG Xosé Manuel Piñeiro
- Marián Mouriño le promete un empujón a la audiencia de Broncano: «No puedo dedicarte goles, pero te voy a dar un patrocinio»
- El ciclón bomba Éowyn asusta en Irlanda, mientras Galicia incrementa las alertas
- Allariz despide a su ilustre vecino Superpiñeiro que deja un emotivo mensaje en su esquela
- Una deuda de 215.000 euros ahogó la segunda vida del clásico restaurante Follas Novas de Vigo
- Muere de repente un vecino de Bueu en la rampa del muelle
- Querido Piñeiro