O alcalde de Mondariz e a Ponte de Cernadela
En relación coa noticia publicada por FARO DE VIGO o pasado venres, 7 de outubro, referida á Ponte de Cernadela e asinada polo alcalde de Mondariz, Julio Alén, o BNG de Mondariz quere facer públicas as seguintes consideracións:
a) Un decreto publicado no DOG o 7 de xuño de 1991 pola Consellería de Cultura, dirixida polo PP, iniciou o expediente de declaración da Ponte de Cernadela como Ben de Interese Cultural (BIC), o que, de concluírse, permitiría dotala do maior grao de protección que prevé a lei. Esta Consellería nunca concluíu este expediente, deixando desprotexido e abandonado este monumento ata hoxe.
b) En abril de 1998 o Grupo Municipal do BNG presentou a primeira moción solicitando a rehabilitación da Ponte de Cernadela e a súa declaración como Ben de Interese Cultural. A proposta foi rexeitada cos votos en contra do PP, con Juan Reboreda -o mentor do alcalde actual- como rexedor.
c) En outubro de 2000 os concelleiros nacionalistas presentan unha nova iniciativa para rehabilitar a ponte, os dous muíños situados nas súas proximidades e o tramo de calzada medieval que transita en paralelo ao río. A proposta foi rexeitada cos votos en contra do PP; Julio Alén era Tenente de Alcalde.
d) En marzo de 2001 o Grupo Municipal nacionalista volve presentar unha nova proposta en favor da rehabilitación da Ponte de Cernadela e a súa protección como BIC. A proposta foi presentada xunto coas sinaturas de apoio de todos os mestres do Colexio Público Integrado de Mondariz. A iniciativa foi rexeitada cos votos en contra do PP, entre eles o de Julio Alén, que seguía a ser Tenente Alcalde. O BNG rexistrara tamén no Concello o informe do enxeñeiro Segundo Alvarado Blanco (datado en 1989) coas deficiencias materiais da ponte. O argumento utilizado polo portavoz do PP para rexeitar a nosa iniciativa foi, literalmente, a que segue (consta en acta): "eu non a vexo tan mal".
e) Nas eleicións municipais do ano 2003 o BNG inclúe en dous (2) dos seus programas eleitorais, os das parroquias de Riofrío e Mondariz (a ponte une ambas as dúas freguesías) o seu compromiso de restaurar este monumento. O programa eleitorial do PP non recollía unha soa mención á Ponte de Cernadela.
Para rematar:
1.- ¿Por qué a Xunta do PP non dedicou ao longo dos dezaséis (16 anos) que ocupou o poder un só euro á rehabilitación deste monumento, máxime se existe un informe técnico -encargado pola Xunta de Galiza- que cualifica de "deficiente" o seu estado material desde 1989?
2.- O único que "non se entera de nada" é o señor Julio Alén, que desde que foi elixido membro da Corporación Municipal de Mondariz ten votado unhas veces en contra e outras a favor da rehabilitación da Ponte de Cernadela, sen saber por qué nin porque non.
3.- O BNG de Mondariz fai un chamado ao alcalde de Mondariz para que se serene e se tranquilice, e felicítase porque o PP asuma o que os nacionalistas levamos reclamando no Concello ininterrompidamente desde o ano 1998: que a rehabilitación da Ponte de Cernadela é una cuestión urxente que debe contar co compromiso activo de todas as administracións con independencias da cor política dos seus titulares.
Alberte Reboreda e Xosé M. Márquez, concelleiros do BNG en Mondariz
- Primeras palabras de 'El Cordobés' sobre la separación de Virginia Troconis: 'Ahora estoy con...
- «Aos meus pais cáelles o mundo enriba»
- La Guardia Civil pide a toda la población que mire al suelo antes de subir al coche: alerta por lo que está pasando
- Galicia, en alerta este domingo por el temporal: «No arriesgar»
- «Si ya no hay voluntarios los sábados, al final, se cubrirán de forma forzosa»
- Aquellos añorados bares de Vigo
- Suspendido todo el fútbol, baloncesto y balonmano del domingo en Galicia por la alerta naranja
- Aquellos añorados bares de Vigo