A conselleira de Educación esquece o galego
A nova conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, fixo a súa estrea mediática con declaracións integramente en castelán. ¡Mal comezo! Afortunadamente corrixiu esa metedura de pata e, aínda que cunha calidade lingüística pobrísima, podémola escoitar agora dirixirse aos medios en galego.
Aínda que o exemplo que os altos cargos da Administración galega dan coa súa actitude é importante, máis importante son as políticas que deseñan.
Nun artigo de benvida ao curso académico titulado "Educación de calidade, moderna e bilingüe" publicando no suplemento "A Escola do Faro" do FARO DE VIGO do pasado 20 de setembro, a conselleira de Educación afirmaba que "Potenciar a aprendizaxe de idiomas desde idades máis tempranas (...) é un dos principais obxectivos da nosa consellería. Este Goberno quere potenciar unha educación bilingüe que permita aos escolares completar a formación obrigatoria cun bo nivel de competencias nunha lingua estranxeira e coñecementos dun terceiro idioma". Leo isto e a min non me dan as contas. Educación bilingüe: galego e castelán, parece obvio ademais de legalmente obrigatorio. Pero ao dicir que isto permitirá rematar a educación obrigatoria cun bo nivel nunha lingua estranxeira e competencias nunha terceira lingua (tamén estranxeira, entendo), si que quedo abraiado.
Como non creo que a conselleira se refira ao galego ou ao castelán como "lingua estranxeira" ou "terceira lingua", só hai dúas combinacións que fagan cadrar os números: galego-inglés-terceira lingua ou castelán-inglés-terceira lingua. Calquera das cales non tería cabida na legalidad vixente. Cos antecedentes que amosa Laura Sánchez Piñón, parece claro que esquece totalmente o galego.
A consellería de Educación debería explicarse.
Marcos Ferreira Amoedo - Moaña
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Retiran la incapacidad absoluta a un operario del Náutico de Vigo con mieloma: «Puede trabajar en ambientes sin contaminación»
- Aparece muerto flotando en el muelle de Aldán
- Portugal lanza una alerta por lluvia, viento e inundaciones que llega a Galicia
- No era Carlo Costanzia: el miembro de la familia Campos que podría fichar por 'Supervivientes 2025
- Vigo desvela las fechas de la Fiesta de la Reconquista 2025
- La «maravilla natural» que National Geographic recomienda visitar en 2025 está en Vigo: «Parece sacado de un cuento»
- Un buque de Grimaldi pide asistencia entrando en Vigo al quedarse sin motor frente a Monteferro