Pensen nos nenos
Xa fai algúns meses ca serie de debuxos "Shin Chan" desapareceu das emisións da Televisión de Galicia. Levábase emitindo esta serie case que tres anos seguidos en horario infantil, inda que variando os horarios, das 18.30 pasouse ás 19.00 h., logo ás 20.00 h. e finalmente no último mes de emisión pasouse ás 21.50 h. cando os rapaces xa estaban na cama e os adultos veían os telediarios. Finalmente esta serie de debuxos animados desapareceu. Basta que protestasen uns cantos que dicían ser mestres de escola, partes do clero e algunhas asociacións, para ca TVG lles fisexe caso.
¡Meu deus! Shin Chan eran uns debuxos sen malicia ningunha, unha serie na que o protagonista era un neno de cinco anos pícaro e traveso á par que moi divertido. ¡Non facía mal a ninguén! E gostaba tanto a nenos coma a adultos. De feito esta serie segue emitíndose noutras comunidades do país.
Señores de Televisión de Galicia ¡desperten! ¿Onde está a franxa horaria infantil para os nenos que vai dende as 17.00 h. ata as 20.00 h.? Fai anos emitíase o "Xabarín Club" a esas horas. Ata que fai un par de anos pasouse ás 7.00 h. da mañá.
¿E que alguén pensa cos nenos ven a tele a esas horas? ¿Que foi da franxa infantil da tarde? Agora entre as cinco e as oito da tarde todo son "culebróns venezolanos" na TVG. Os rapaces que saen a tarde do colexio verán "Paixón de gaviláns" que vai dende as 17.50 h. ata as 20.00 h.
¡Señores da TVG poñan de novo franxa horaria infantil para os nenos pola tarde! E déixense deses "culebróns" mediocres. ¡Pensen nos nenos, por favor! E remato preguntando a eses "rancios" que tanto clamaban para que desaparecese "Shin Chan", ¿síntense agora cómodos vendo "Paixón de gaviláns" polas tardes? ¡Vivan os nenos!
Manuel Iglesias Oya - Vigo
- Rueda, sobre la manifestación de hoy en Vigo en defensa de la Sanidade Pública: «Van por otro lado de lo que siente la mayoría»
- Última llamada de auxilio de la protectora: «Los perros no salen a pasear desde octubre»
- Fallece en plena calle de un infarto en Oviedo después de que la ambulancia que iba a socorrerle se accidentase
- Detenido uno de los enlaces gallegos de la banda albanesa que trató de desembarcar 1.100 kilos de cocaína en Arousa
- Un buen chico y un gran amigo que siempre tenía una sonrisa
- Abren los primeros furanchos de Pontevedra, con un catálogo de 11 tapas a elegir
- El Celta lleva al límite al Madrid, pero contra 12 no puede
- Detectada en aguas de Galicia una nueva especie exótica e invasora de África