Na imprevisión e a ilegalidade é como actúa a diario o grupo municipal PP-PIN de Nigrán. Isto empeza a porse de manifesto ahora, porque na Xunta de Galicia houbo un cambio importante. O novo goberno socialista-bloque, por segunda vez nun mes, denuncia e sentencia as irregularidades e tropelías que se cometen a cotío en Nigrán.

A paralización cautelar das obras nas pistas de autocross no Monte Castelo pola Delegación Provincial de Cultura, e ó mesmo tempo a denuncia de Seprona contra a Comunidade de Montes de Camos pola destrución de tres xacementos prehistóricos nas Chans son feitos evidentes.

¿Como é posible que a Concellalía de Cultura non fora informada deste proxecto? ¿Por que non se tratou este tema nas Comisións Informativas? ¿Por que non se levaron a Pleno as actuacións para a realización do circuito? ¿Donde está a partida presupuestaria para a realización das obras?

Poderíamos seguir facendo preguntas e demostrando o cambalache de xestión deste goberno PP-PIN, que non cree na democracia e non a practica, actúa furtivamente con oscurantismo, porque hai intereses, clientelismo e ilegalidades que agachar.

Pero que non falte o marketing, reportaxe e foto da inauguración dunha obra feita sin autorización, sin licencia, que non respeta o patrimonio, e co proxecto en fase de exposición para as alegacións, o caso e "vende-la moto".

Estamos dacordo con que no monte poidanse practicar deportes, creemos que o deporte é cultura e benestar, pero hai que cumplir a lei e respetar a natureza. As cousas pódense e débense facer doutra maneira. Tamén eiquí no Val Miñor a outra forma de goberno é posible, confiamos en que pronto tamén a nós nos chegue o cambio.

Josefa Barreiro Veloso,

concellala do Partido Socialista

de Nigrán